Avanzan nunha normativa para o uso social dos montes veciñais

A Consellería do Medio Rural aceptou a proposta da ORGACCMM para crear un grupo de traballo que se encargue de desenvolver esta regulación.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2021 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural aceptou a proposta da Organización Galega de Comunidade de Montes veciñais en Man Común (ORGACCMM) de crear dentro do Consello Forestal de Galicia un grupo de traballo para elaborar unha normativa que regule o uso social dos montes veciñais para aquelas persoas que non ostentan a condición de veciño comuneiro.

Montes Veciñais en Man Común de Rebordelo. EUROPA PRESS - Arquivo
Montes Veciñais en Man Común de Rebordelo. EUROPA PRESS - Arquivo

O Director Xeral de Ordenación e Planificación Forestal confirmouno na reunión mantida con membros da xunta reitora da ORGACCMM o pasado luns 21 de xuño. Ademais da solicitude da elaboración dunha normativa para o uso social dos montes veciñais en man común, a ORGACCMM propuxo algúns puntos esenciais no articulado da normtiva. Nestes punto fala da importancia de que os montes veciñais sexan respectuosos con bens naturais e patrimoniais e que estean abertos a toda a sociedade.

A ORGACCMM fai un chamamento a todas as comunidades de montes para que acheguen as súas propostas para e elaboración desta normativa. Deste xeito, cando se inicien os debates para a sua elaboración no consello forestal, as propostas das comunidades de montes chegarán ao grupo de traballo a través de dita organizacióln.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta