A Xunta forma en extinción de incendios a xefes de brigada en plena campaña contra o lume

Participan 536 xefes de brigada, oficiais e bombeiros condutores e que se desenvolverá ata o próximo mes.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 23/06/2021 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A Xunta impulsa un curso intensivo de formación para a extinción de incendios no que participan 536 xefes de brigada, oficiais e bombeiros condutores e que se desenvolverá ata o próximo mes.

Esta iniciativa abordará manobras para o manexo de auga, retardantes, o emprego de lume técnico e tácticas asociadas a un escenario múltiple que contempla ámbitos forestais e urbanos, segundo detalla a Consellería do Medio Rural.

Este curso celébrase no Centro de formación e experimentación agroforestal de Sergude e busca reforzar a formación dos efectivos antes do inicio da tempada de incendios. En concreto, enmárcase no Plan de formación 2021-2024 da Consellería para consolidar os coñecementos dos traballadores do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPIF).

A formación impártese de modo intensivo a grupos reducidos de 60 a 80 traballadores durante xornadas encadradas en horarios de mañá e tarde, de 9,30 a 13,30 horas e de 15,00 a 19,00 horas.

Profesionais participan no curso de extinción de incendios. XUNTA
Profesionais participan no curso de extinción de incendios. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta