Feijóo chama aos mozos á "prudencia": "Hai un importante incremento de contaxios nas festas de fin de curso"

Defende que os datos epidemiolóxicos e a evolución da pandemia en Galicia xustifican o avance na desescalada.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/06/2021 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu que os datos epidemiolóxicos e a evolución da pandemia en Galicia xustifican o avance na desescalada, pero incidiu en que tamén hai elementos de preocupación, como a incidencia na Coruña ou os contaxios rexistrados entre mozos en festas e situou este San Xoán como unha "proba", antes de insistir en chamar á prudencia.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Xunta de Galicia.

De feito, nunha intervención na que avanzou a ampliación de aforos e a proposta galega para retirar a máscara, o presidente galego recalcou que, aínda que a situación é "de estabilidade" e a situación de pandemia dáse por "controlada" segundo os últimos datos da covid-19 e a ocupación asistencial, é preciso facer un chamamento á "prudencia continuada".

"Queda o final do túnel, pero aínda non saímos del", dixo o presidente galego, quen advertiu que sería "unha mágoa" que o traballo realizado desde que se iniciou a pandemia quede anulado.

Previamente, puxera o foco na incidencia na Coruña, a máis elevada, para pedir aos seus cidadáns "especial coidado" e instarlles a acudir aos cribados masivos e ao 'autocovid' se teñen síntomas compatibles cunha infección por covid-19.

E constatou que existe preocupación no Goberno autonómico ao detectar "un importante incremento de contaxios nas festas de fin de curso". Feijóo situou a celebración deste San Xoán, na que só se permiten fogueiras privadas, como unha gran "proba" que, deu por feito, "superará" o pobo galego.

INCREMENTO DE CONTAXIOS EN FESTAS DE FIN DE CURSO

E na quenda de preguntas, constatou que existe preocupación no Goberno autonómico ao detectar "un moi importante incremento de contaxios nas festas de fin de curso".

Feijóo situou a celebración deste San Xoán, na que só se permiten fogueiras privadas, como unha "proba" inminente de "responsabilidade" colectiva que, deu por feito, "superará" o pobo galego.

CAE A IDADE DOS HOSPITALIZADOS

Na súa intervención, en clave de mensaxe, o presidente insistiu nunha idea na que xa se incidiu desde a Xunta en días pasados: "o virus segue activo e pode afectar a calquera". De feito, cae a idade dos hospitalizados e hai mozos en unidades de coidados intensivos (UCI).

Ademais, volveu a "pedir desculpas" por non ter vacinas "para todos" e esgrimiu que quen non están vacinados teñen que ser tamén especialmente prudentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta