O Concello da Coruña expón a protección de 36 elementos arquitectónicos, etnolóxicos e arqueolóxicos

Por E.P. | A Coruña | 23/06/2021 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña expón a protección de 36 novos elementos arquitectónicos, etnolóxicos e arqueolóxicos para ser incorporados ao catálogo de edificios protexido do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Así o anunciou este mércores o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, durante a realización da comisión informativa de Urbanismo que tivo lugar en María Pita.

Villoslada presentou para a súa análise un documento de traballo non concluínte "e aberto ás suxestións do resto de forzas políticas", explica o goberno local.

Entre os elementos que o goberno local pretende dotar con protección especial destaca a lonxa do Gran Sol e o edificio do Observatorio Metereolóxico, así como diversos edificios de arquitectura racionalista distribuídos pola cidade.

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, preside a comisión desta área. ANDY PEREZ
O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, preside a comisión desta área. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta