Terceiro día consecutivo sen mortos por covid-19

O total de vítimas en Galicia desde o inicio da pandemia mantense en 2.434.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/06/2021 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade non comunicou falecidos con covid-19 na xornada deste mércores. Deste xeito, acumula tres días consecutivos sen informar de falecidos.

O total de vítimas en Galicia desde o inicio da pandemia mantense en 2.434, segundo datos do Goberno galego.

A última morte foi comunicada o domingo e correspondía a un home de 100 anos diagnosticado de covid-19, quen contaba con patoloxías previas. Estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Vacinación en Santiago de Compostela
Vacinación en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta