A Xunta mantén o uso da máscara nas praias se non hai 1,5m de distancia, agás na auga ou na toalla

Tamén as persoas que fagan deporte terán que levar máscara en zonas con circulación de xente e onde non se garanta esta distancia de seguridade.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/06/2021 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

Este verán tomar o sol ou gozar da praia será moi semellante á situación que se viviu hai un ano; o máis probable é que teñamos que ter a máscara de complemento xunto co bañador, especialmente, nas praias urbanas ou nas que hai gran afluencia de xente.

Unha menor con máscara  na praia das Salseiras, no concello da Laracha, A Coruña
Unha menor con máscara na praia das Salseiras, no concello da Laracha, A Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press - Arquivo.

E é que o novo decreto anunciado polo Goberno galego este mércores obriga ao uso da máscara en espazos públicos nos que non se garantice unha distancia mínima de metro e medio. Unha distancia que, nalgunhas praias galegas, non se pode cumprir.

Por iso, o presidente galego alertou este xoves que, principalmente, que a xente que goce da praia tamén deberá levar máscara agás se toma un baño ou está tomando o sol nun lugar fixo. "Unha situación que pode afectar ás praias urbanas onde igual esta distancia non se pode cumprir", avisou. Algo que non acontece, precisou, "na maior parte" dos areais galegos nos que non hai amoreamento de xente.

O mesmo acontecerá na práctica do deporte. A situación non variará con respecto á situación actual xa que os deportistas terán que usar a máscara se non está garantida unha distancia mínima de metro e medio. Por iso, Feijóo destacou que en cidades ou lugares concorridos o seu uso será obrigatorio. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Mentras tanto na Nova República Catalana a noite de San Xoán foi unha festa para a variante Delta do Coronavirus... Será que o Govern decidiu indultar ao Coronavirus ? Galicia seguirá co bozal para non falar de nada nunca máis: nin autoestradas, nin facturas da luz, nin declaracións da renda, nin siquera da dixitalización excluíte para os veciños que habitan o rural galego ! Encantaríame darlle ao machete da luz e deixar a Naturgy a escuras !!!