Excarceran a unha persoa do interior dun vehículo tras un accidente en Negreira de madrugada

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2021 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

Os equipos de intervención tiveron que excarcerar a unha persoa ferida do interior do vehículo no que circulaba e co que sufriu un accidente no concello de Negreira a madrugada deste domingo. Ademais, os medios axudaron a saír da parte traseira do vehículo a outro ocupante que non estaba atrapado.

Segundo informan os servizos de emerxencias, preto das 04,30 horas un particular púxose en contacto co 112 Galicia para solicitar asistencia médica para as persoas implicadas nunha saída de vía, na estrada DP-1302. Nesta comunicación, afirmaba que a colisión se produciu na estrada de Negreira cara a Urdilde, á altura da Ponte Insua.

Inmediatamente, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) informaron os servizos sanitarios do 061, á Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Santa Comba, ao GES de Brión e aos membros de Protección Civil do municipio.

Poucos minutos despois, e tras actuar no lugar, os Bombeiros comunicáronlle ao 112 que dúas persoas ficaran feridas no accidente. Así, foi necesario que excarcerasen ao condutor do turismo, que estaba atrapado dentro do mesmo, ademais de prestar axuda a outra persoa para saír da parte traseira do automóbil.

Accidente de tráfico
Accidente de tráfico | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta