O PSdeG acusa á Xunta de "desagraviar" aos concellos e "facer caixa" a conta deles

Gonzalo Caballero asegura que son os alcaldes "os que resolven as cuestións que o Goberno galego non fai".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2021 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

O PSdeG celebrou este domingo un acto para reivindicar o municipalismo galego fronte aos "niveis inauditos" de "indiferenza" e "desagravio" da Xunta de Galicia cara aos concellos nas reparticións de fondos. Todo iso declarouno o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, durante a celebración dunha xornada municipalista no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela.

A súa visión foi compartida polo alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero; polo presidente e a vicepresidenta da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela e María Barral, respectivamente; polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e pola secretaria de Política Municipal do PSOE, Susana Sumelzo.

Durante a súa intervención, Gonzalo Caballero admitiu que son os alcaldes "os que resolven as cuestións que non fai a Xunta". Ademais, acusou dun "paternalismo abusivo" ás dereitas durante este ano 2021 na súa interpretación da acción municipal, da que resaltou a "redución" das axudas aos concellos nestes dous últimos anos de pandemia.

"Non se pode transferir as competencias propias da Xunta aos concellos sen darlles financiamento", asegurou Gonzalo Caballero. Nesta liña, o alcalde de Vigo reivindicou a firma por parte do Concello hai uns días dunha partida de 150.000 euros coa finalidade de "pagar as rozas" en leiras con risco de incendios, unha actividade que, asegura Abel Caballero, é competencia da Xunta, e para a que non recibiu financiamento.

Ademais, Gonzalo Caballero afirmou que hai 1.100 millóns de euros extraordinarios nos orzamentos da Xunta para repartir e dos que os concellos non reciben "nada". Así, arremeteu contra a Xunta pola súa "política de facer caixa" coa actual crise.

Neste sentido, Susana Sumelzo sinalou que nin "a Xunta nin o PP estiveron á altura" e trasladaron "a responsabilidade" para non "asumir as súas competencias". Así, tachou de queixa "falsa e victimista" a acusación de Feijóo ao Goberno central pola ausencia de financiamento dos municipios.

RECLAMAS DO SOCIALISMO MUNICIPALISTA

Pola súa banda, o presidente da Fegamp pediu unha "revisión das competencias dos concellos", xa que se atopa rexida, actualmente, por "un modelo de hai 40 anos". Tamén solicitou Varela "información e coordinación" e lembrou como unha "vitoria" o momento en que se comezaron a dar os casos de covid por concello, cando antes traballaban "a cegas" para afrontar a pandemia.

Abel Caballero aludiu á importancia da "cooperación". Desta maneira, mencionou a "oposición activa" do Goberno autonómico ás formulacións dos municipios en cada conferencia sectorial celebrada á que acudiu a FEMP, federación da que é presidente.

RECUPERACIÓN ECONÓMICA

O alcalde de Santiago recalcou que o actual escenario é propicio para a "reactivación e recuperación paulatina cara á normalidade". Acerca disto, pediu que se reflexione sobre o futuro que se desexa e afirmou que a crise sanitaria "acelerou cambios".

Xornada municipalista do PSdeG este domingo no hotel monumento San Francisco (Santiago de Compostela)
Xornada municipalista do PSdeG este domingo no hotel monumento San Francisco (Santiago de Compostela) | Fonte: Europa Press

APOSTAS DO PARTIDO

O secretario xeral do PSdeG tamén enumerou unha serie de campos polos que apostan con propostas "sólidas". En primeiro lugar, reforzar os servizos públicos "de calidade", que supoñen "unha maior garantía" en canto a igualdade. Así as cousas, reafirmou a aposta do partido por un "desenvolvemento económico sustentable" que sexa "respectuoso" co medio ambiente e unha "educación pública". Con todo, o secretario xeral resumiu a aposta en "renovar o municipalismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta