Sada reclama ao Goberno e á Xunta "accións inmediatas" para evitar a saída dos mobles de Meirás

O alcalde pide cambios no decreto BIC e ao Estado que presente unha demanda civil para garantir "a integridade" do pazo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2021 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

O Concello de Sada reclamou ao Goberno central e á Xunta de Galicia "acciones administrativas e xudiciais inmediatas" para asegurar "a integridade" do Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural (BIC) e evitar a retirada dos mobles por parte da familia Franco.

O goberno local fai pública esta petición mediante un comunicado un día despois da firma do Protocolo de colaboración institucional asinado no pazo polo Executivo estatal, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, e os concellos da Coruña e Sada. Tamén este sábado inauguráronse oficialmente os xardíns do enclave, que abrirán o 1 de xullo.

A rúbrica do pacto é unha medida "positiva e necesaria, pero parcial, incompleta e insuficiente", sinalou o alcalde, Benito Portela, "para os obxectivos que deben presidir o futuro: a integridade patrimonial do BIC --continente e contido--, e unha xestión plural e participada do mesmo".

Respecto ao primeiro obxectivo, o rexedor sadense expresou a súa "gran decepción" polo feito de que tanto Goberno autonómico como central "desaproveitasen a ocasión para anunciar aquilo que toda a cidadanía demanda e esixe": a presentación por parte do Estado dunha demanda civil reivindicatoria de propiedade sobre os bens mobles do interior do pazo e a incoación pola Xunta dunha modificación do decreto de 2008 que regula os bens BIC --de forma que a familia Franco non poida retirar nada--.

"Nin a vicepresidenta do Goberno do Estado nin o conselleiro da Xunta anunciaron nin unha cousa nin a outra. A pasividade das dúas administracións persiste co elevado risco, que crece cada día, de que o Franco poidan ser autorizados á retirada dos bens inmobles do pazo", criticou o alcalde de Sada.

Portela recalcou que "non hai razóns, nin legais nin doutro tipo, para que Xunta e Estado non adopten decisións", nove meses despois da sentenza que obrigaba ao Franco á devolución do pazo. O rexedor insistiu en que "a Xunta ten competencias" e o Executivo central "suficientes informes técnicos e xurídicos" para exercitar unha acción xudicial posesoria sobre os bens.

"Carmen Calvo recoñeceu este sábado que o Estado chegou tarde ao pazo. Pero sería especialmente lamentable que tamén chegase tarde para evitar o baleirado de Meirás. E a Xunta non pode amparar a súa pasividade nunha suposta cuestión de competencia, cando ten fácil saída", criticou Portela.

Representantes do Goberno, a Xunta, a Deputación, e os Concellos de Sada e A Coruña, na firma do protocolo de colaboración no Pazo de Meirás. M. Dylan - Europa Press
Representantes do Goberno, a Xunta, a Deputación, e os Concellos de Sada e A Coruña, na firma do protocolo de colaboración no Pazo de Meirás. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 CastelaoPaSogama

¿Por qué nadie dice la verdad? El derecho a la propiedad privada está por encima de la integridad de un BIC, y si a alguien se le impide ejercer su derecho a la propiedad, hay que indemnizarlo. Por otra parte, salvo las tres piezas de la Pardo Bazán, el resto de los muebles enaltecen a Franco y son un obstáculo difícilmente salvable para el relato que se quiere montar.