G. Caballero: " Cada un que faga coa súa orientación o que lle pete"

Subliña o compromiso do PSdeG cos dereitos das persoas LGTBI.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2021 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia



O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou este luns o compromiso da súa formación cos dereitos das LGTBI e para traballar por unha sociedade en liberdade e igualdade, na que "cada un poida facer coa súa vida e coa súa orientación o que lle pete".

Na xornada na que se conmemora o Día do Orgullo LGTBI, Gonzalo Caballero compareceu ante os medios cunha máscara que coas cores da bandeira arcoíris e fixo tamén "un chamamento a condenar calquera tipo de fobia ou de comportamento discriminatorio" cara ás persoas deste colectivo.

"Nun país libre, nunha democracia avanzada, cada un ten que ter a posibilidade de facer o que quere coa súa vida, sen ter que sufrir ningún tipo de discriminación ou rexeitamento", afirmou Gonzalo Caballero, que asegurou que cando se avanza na defensa dos dereitos das persoas LGTBI "avánzase cara a un país mellor".

Por último, puxo en valor que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciase este luns que irá ao Consello de Ministros esta semana un proxecto de lei de persoas LGTBI. "Permitirá facer avanzar os dereitos de todos e de todas", considerou.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, nunha rolda de prensa ofrecida o luns 28 de xuño. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, nunha rolda de prensa ofrecida o luns 28 de xuño. PSDEG | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta