Galicia, entre as comunidades que máis creceron en reservas de hotel a semana pasada

Tamén se atopa entre as comunidades que tiveron menor volume de reservas sobre o total en España, por baixo do 3%.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 28/06/2021 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

Aragón (+38,5%), Castela e León (+12,4%) e Galicia (+11,1%) foron as comunidades autónomas que máis creceron en reservas de hotel durante a semana pasada con respecto á anterior, segundo os datos da plataforma de transaccións electrónicas entre empresas turísticas TravelgateX.

Asturias ocupou o cuarto posto, cun crecemento das reservas do 7,9%, mentres que Baleares foi quinta, cun aumento do 4,7%. Pola contra, Comunitat Valencia, Canarias, Comunidade de Madrid e Andalucía diminuíron as súas reservas con respecto á semana pasada.

Ademais, Andalucía representou un 27,6% da cota de mercado en canto a reservas, mentres que Baleares e Cataluña tiveron un 17,5% e 14,2%, respectivamente.

Doutra banda, Asturias, Castela e León, Aragón e Galicia foron as que tiveron menor volume de reservas sobre o total en España, por baixo do 3%. Canarias supuxo o 12%, Comunitat Valenciana o 11% e Madrid o 4,2% da cota.

A demanda segue sendo principalmente doméstica, dadas as restricións de viaxes en vigor aínda nos principais mercados emisores estranxeiros. Así, o 82,7% das reservas procesadas a semana pasada por TravelgateX corresponden a viaxes de persoas residentes en España.

Os ingleses son os estranxeiros que máis reservan en España, cun 6,4% do total das reservas, seguidos de alemáns (2,2%), italianos (1,6%), portugueses (1,6%) e franceses (1,4%).

O hotel de Ceetrus, en Vigo. CEETRUS
O hotel de Ceetrus, en Vigo. CEETRUS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta