Xuízo na Coruña por estafar máis de 180.000 euros con billetes tintados

A estafa consiste en captar a unha persoa á que se mostran diversas cartolinas de papel de cor negra e á que se convence de que se trata de diñeiro de curso legal, aínda que obtido de forma irregular, polo que foi tintado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2021 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

Un do tres acusados de estafar máis de 180.000 euros a un home utilizando billetes tintados, negou os feitos e alegou que nunca estivo na cidade da Coruña, lugar no que se iniciou o engano, durante a súa declaración na Audiencia coruñesa.

O timo, tamén coñecido como dos billetes tintados, consiste en captar a unha persoa á que se mostran diversas cartolinas de papel de cor negra e á que se convence de que se trata de diñeiro de curso legal, aínda que obtido de forma irregular, polo que foi tintado para evitar que puidese ser detectado e intervido. Á vítima explícaselle tamén que os billetes volven ao seu estado normal tras aplicarlle un procedemento químico.

Segundo recolle o escrito da Fiscalía, o timo empezou nunha cafetaría de Matogrande na Coruña. Alí, tres homes orixinarios de Camerún, reuníronse coa vítima e explicáronlle que querían investir "moito diñeiro" porque recibiran varios millóns de euros en concepto de axuda humanitaria, e que un dos implicados era o "fillo do embaixador de Costa do Marfil".

Mostráronlle un billete de 50 euros e explicáronlle que tiñan que tintar o diñeiro para evitar roubos, pero que o diñeiro para obter os produtos químicos necesarios estaba en Francia, e que necesitaban diñeiro para estafar a un policía, así, o home estafado fíxolles un primeiro pago de 4.600 euros.

Tras isto, viaxaron a Madrid, e ensináronlle unhas cartolinas negras que ao pasarlle un produto transformábanse en billetes de 50, 100 e 200 euros. Os acusados indicáronlle á vítima que necesitaban 130.000 euros para obter un litro de líquido e así transformar a bolsa enteira. O home depositoulles 65.000 euros, cos que obtivo medio litro do produto.

O estafado seguiu facendo distintos pagos aos acusados relacionados coa transformación dos billetes, chegando a alcanzar unha cifra de 260.000 euros. Por iso, a Fiscalía pide cinco anos para os acusados, ademais de indemnizar á vítima coa cantidade que lle estafaron.

NEGA OS FEITOS

No xuízo de hoxe só declarou un dos acusados, un home de nacionalidade camerunesa que negou estar implicado no delito, e que na súa declaración afirmou que nunca estivera na cidade da Coruña.

Segundo relatou no seu testemuño, outro home camerunés ao que lle unía unha relación de amizade, pediulle que depositase na súa conta bancaria, xa que el non tiña unha en España, unha cantidade de 3.200 euros. O home dixo que descoñecía a procedencia dese diñeiro e que só o fixo como un favor.

Pola súa banda, a vítima corroborou os feitos que relata o Ministerio Fiscal no seu escrito, pero negou que buscase un beneficio económico con este negocio, e segundo explicou, só quería axudar ás persoas a transformar o diñeiro, aínda que non coñecese aos homes de nada.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta