Publicada a lista de máis dun centenar de investigadores predoutorais que reciben axudas da Xunta

90 dos científicos inician este mes de xullo o seu labor investigador.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2021 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a lista do total de 102 investigadores predoutorais que recibirán axudas da Xunta para o seu labor científico nas universidade galegas e organismo de I+D+i.

En concreto, recibirán un importe de 24.000 euros ao ano durante tres exercicios, ademais de ata 6.000 euros para estancias de tres meses no estranxeiro.En total, o Goberno galego destina máis de 8,1 millóns a este programa de apoio á formación inicial de científicos, o que supón un 1,6% máis que na anterior convocatoria, segundo informa o Goberno galego nun comunicado.

Do total de seleccionados, 90 dos científicos inician este mes de xullo o seu labor investigador nas universidades: 52 na de Santiago, 25 en Vigo e 13 na Coruña.

A ducia restante incorporaranse a outros organismos públicos de investigación de Galicia: Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (sete), Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC (tres), Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC (un) e Fundación Biomédica Galicia Sur (un).

Unha investigadora traballa no laboratorio CiMUS da USC. USC - Arquivo
Unha investigadora traballa no laboratorio CiMUS da USC. USC - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta