As bibliotecas innovadoras poderán ser premiadas

A Xunta convoca o IV Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, que destinará 3.000 € a un proxecto innovador.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria do IV Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, un recoñecemento para as iniciativas innovadoras levadas a cabo polas bibliotecas e axencias de lectura pública municipais. 

Biblioteca de Ricardo Carvalho Calero no Parlamento de Galicia.. PARLAMENTO DE GALICIA - Arquivo
Biblioteca de Ricardo Carvalho Calero no Parlamento de Galicia.. PARLAMENTO DE GALICIA - Arquivo

Con este premio, a Xunta quere premiar proxectos xa executados que tivesen resultados positivos para os usuarios e que sexan beneficiarios para a poboación á que se dirixen. Ademais, terán que estar relacionados con diferentes áreas temáticas como a aprendizaxe ao longo da vida, a sustentabilidade ambiental, a igualdade entre homes e mulleres, a loita contra a violencia de xénero ou a inclusión social, entre outros. 

O IV Premio á Innovación Bibliotecaria dotará de 3.000  a unha biblioteca, axencia de lectura, que deberá estar integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia, ou agrupación de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios. Como novidade, este ano poderán presentarse proxectos conxuntos por varios concellos ou aqueles que abranguen varias bibliotecas dunha rede municipal. 

Estes premios, que comezaron no 2018, galardoaron dende entón á Biblioteca Pública Municipal de Camariñas, á biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e á Biblioteca de Bóveda. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta