Feijóo defende o ritmo de vacinación e volve pedir desculpas aos mozos pola falta de doses

O presidente da Xunta defende que Galicia está "sete ou oito puntos por enriba da media de España".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 29/06/2021 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou o ritmo de vacinación fronte á covid-19 en Galicia, á vez que, no marco do macrobrote asociado ás viaxes de fin de curso a Mallorca, volveu a demandar prudencia aos mozos, a quen pediu desculpas de novo por non dispor de doses "suficientes" para vacinalos polo momento.

Así mesmo, con respecto á campaña de vacinación, o presidente galego destacou os avances na comunidade. "Estamos sete ou oito puntos por encima da media de España e xa hai cidades nas que se empeza a vacinar o colectivo de 30 a 39 anos esta semana; este mes vacinaremos a moitas persoas de 30 a 39 anos", dixo.

A semana pasada o presidente galego trasladara que a previsión é que os maiores de 40 anos queden inmunizados con pauta completa en xullo, mes no que, ademais, vacinarase á franxa  anterior.

Este martes incidiu nas cifras de vacinación. Segundo os datos do Sergas, máis da metade dos cidadáns de Galicia chamados a vacinar contra a Covid-19 xa teñen a pauta completa, ao alcanzarse 1.207.097 inmunizados, que supoñen o 51,09% da poboación diana co proceso finalizado, 33.375 máis que a xornada anterior.

E en total, 1.618.962 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina no conxunto de Galicia, que representan 10.492 persoas máis que a xornada anterior, un 68,52 por cento da poboación diana a vacinar na Comunidade galega.

Enfermeira fornecendo unha vacina / Europa Press.  / Europa Press
Enfermeira fornecendo unha vacina / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta