Case o 75% dos contaxios en Galicia son da variante británica e xa hai 52 confirmados da delta

A segunda variante da que máis contaxios se confirmaron na Comunidade galega é a brasileira, con 102 positivos. Ademais, hai 36 casos de variante beta, a coñecida como surafricana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2021 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

A variante alza da covid-19, coñecida como a cepa británica, mantense como a de maior prevalencia en Galicia, onde hai 760 casos confirmados, o que representa un 75% de circulación, segundo os últimos datos facilitados este mércores pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán.

Na rolda de prensa posterior á reunión do Comité Clinico que asesora á Xunta na xestión da pandemia e acompañada polo secretario xeral técnico da Consellería de Sandiade, Alberto Fontes, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias, a directora xeral detallou que xa hai 52 casos confirmados correspondentes ao variante delta.

Conforme aos datos ofrecidos este mércores por Carmen Durán, a segunda variante da que máis contaxios se confirmaron na Comunidade galega é a brasileira, con 102 positivos. Ademais, hai 36 casos de variante beta, a coñecida como surafricana.

Tamén se confirmaron nove que se corresponden coa variante colombiana, oito coa de Nova York e dúas mostras correspondentes á cepta niegirana. Segundo detallou Carmen Durán, estas cifras correspóndense a datos pechados con data do 28 de xuño.

O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fontes Losada; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias, en rolda de prensa. CONCHI PAZ
O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fontes Losada; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias, en rolda de prensa. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta