Centenares de persoas percorren As Pontes para demandar unha solución para o emprego na comarca

Foi convocada polos tres principais sindicatos, CIG, CCOO e UGT.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2021 | Actualizada ás 21:21

Comparte esta noticia

Centenares de persoas percorreron as rúas das Pontes na tarde deste mércores para reclamar unha solución para o emprego na comarca ante o peche da central térmica de Endesa.

Convocados polo tres principais sindicatos de Galicia --CIG, CCOO e UGT--, centos de veciños da comarca das Pontes participaron nunha manifestación que partiu ás 20,00 horas da sede do consistorio local

A marcha prodúcese na xornada na que, este 30 de xuño, concluíu o compromiso de emprego da compañía Endesa para os traballadores da central e as auxiliares. Ante a falta de concrecións, os participantes na marcha, encabezada por unha pancarta na que podía lerse 'Solucións xa', demandaron ás Administracións central e autonómica que acheguen medidas para o mantemento da actividade na zona.

Manifestación nas Pontes en defensa dos postos de traballo na comarca. CCOO
Manifestación nas Pontes en defensa dos postos de traballo na comarca. CCOO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta