As farmacias galegas comezarán a repartir certificados de vacinación proximamente

Así o vén de anunciar o presidente do Colexio oficila de Farmacéuticos de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2021 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

O presidente do Colexio oficial de Farmacéuticos da Coruña, Héctor Castro, destacou que proximamente as farmacias poderán entregar nos certificados de vacinación contra a covid-19. Preguntado polos medios, Castro sinalou que as farmacias poderán imprimir o certificado de vacinación para persoas que non teñen acceso a Internet ou facilidade no manexo de novas tecnoloxías.

"Esta medida reforza o papel da farmacia, non só na pandemia, tamén nesta volta á normalidade, e facilita aos cidadáns a ter un acceso a un documento que lle permita moverse xeograficamente coas garantías suficientes", dixo Héctor Castro en referencia tamén a esas campañas de tests masivos desenvoltos nos centros farmacéuticos de Galicia e que afectaron a distintos grupos de idade da Comunidade galega. 

Unha profesional sanitaria inocula unha vacina do Covid-19 desenvolvida por AstraZeneca no marco da proba piloto de vacinación masiva desde o recinto de Fira Barcelona. DAVID ZORRAKINO
Unha profesional sanitaria inocula unha vacina do Covid-19 desenvolvida por AstraZeneca no marco da proba piloto de vacinación masiva desde o recinto de Fira Barcelona. DAVID ZORRAKINO | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta