O jazz regresa a Ames nunha gran cita con entradas de balde

Dous conxuntos presentarán os seus respectivos traballos, que van dende o jazz de inspiración xitana ao piano.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Chega o mes de xullo e, con el, regresa o jazz a Ames. O concello veciño de Santiago de Compostela desenvolverá, por cuarto ano consecutivo, as súas xornadas a ritmo de swing, bebop e demais no histórico Pazo da Peregrina, situado no núcleo urbano de Bertamiráns.  A cita terá lugar o vindeiro 2 de xullo ás 22:30 horas. En total, poderán acceder 200 persoas que, iso si, deberán sacar as súas entradas por anticipado. Estas poden ser retiradas completamente de balde a través da billeteira do Concello nas horas previas á cita en cuestión.

Jazz
Jazz | Fonte: Pixabay - Tatlin

Os afortunados que consigan unha praza poderán desfrutar dos concertos de David Regueiro Trío e Xan Campos Trío. O primeiro recolle a tradición do gypsa jazz nun disco de composicións orixinais titulado ‘Areal’. A el seguirao o conxunto de Xan Campos, que desenvolverá o traballo ‘Realismo’ coas mans ao piano.

Campos debúxase como un dos pianistas máis activo na Península Ibérica, tanto á fronte dos seus proxectos como no papel de sideman de destacados artistas da escena do Jazz español e portugués. Leva 15 anos traballo co seu trío. O venres estará en Bertamiráns para ofrecer todo un acontecemento cultural que os amantes de Charlie Parker e Bill Evans non poden perder.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta