Mexillón de Galicia recebe o aviso de mellora en hábitats para obter a certificación internacional sustentable

De acordo ao último informe publicado, Mexillón de Galicia recibiu oito condicións de mellora, que obrigarían á pesqueira, no caso de que se certifique, a facer melloras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2021 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O Consello Regulador do Mexillón de Galicia empezou en novembro de 2019 a avaliación para obter a principal certificación internacional de sustentabilidade, respecto ao estándar de Marine Stewardship Council (MSC). Agora, foron admitidas a trámite obxeccións da entidade World Wildlife Foundation (WWF) pola cal esta pesqueira deberá realiza varias melloras para obter o visto e prace.

A avaliación foi realizada polo equipo de expertos da auditora acreditada Bureau Veritas. Así, analizouse o cultivo do mexillón respecto ao estándar de pesqueiras de MSC e especificamente no tocante a bivalvos.

De acordo ao último informe publicado, Mexillón de Galicia recibiu oito condicións de mellora, que obrigarían á pesqueira, no caso de que se certifique, a facer melloras nos seguintes aspectos: especies secundarias capturadas incidentalmente na recollida de fazula, estratexias de xestión e información para minimizar o impacto nos hábitats, información dispoñible en relación ao impacto do cultivo no ecosistema, procesos de toma decisións relativos á pesqueira e cumprimento e aplicación da lexislación vixente.

Agora, ábrese un período de 15 días de consultas entre as partes a partir da data de publicación da aceptación da obxección. O prazo de consultas finaliza o 20 de xullo de 2021.

Bateas de cultivo de mexillón nas rías galegas. C.R. MEXILLÓN DE GALICIA - Arquivo
Bateas de cultivo de mexillón nas rías galegas. C.R. MEXILLÓN DE GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta