As organizacións ecoloxistas pídenlle á Xunta que as inclúan no Observatorio da eólica mariña

Denuncian que non se contou ca súa participación para estudar o impacto destas infraestructuras nas costas galegas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Varias organización ecoloxistas galegas, entre elas ADEGA ou a Federación Ecoloxista Galega, solicitaron á Xunta que se inclúa unha representación do ecoloxismo galego no Observatorio da eólica mariña, creado polo propio Goberno galego.

Eólicos mariños
Eólicos mariños | Fonte: Ecovive.

Foi o pasado 9 de xuño cando a Xunta anunciaba a constitución deste observatorio co obxectivo de "someter ao acordo de todos os axentes participantes cada paso que se dea no desenvolvemento da eólica mariña". Porén, a pesar de que entre as medidas deste observatorio se encontra a análise do impacto que suporía a instalación de parques eólicos mariños nas costas galegas a través de estudos medioambientais e socioeconómicos, as organizacións denuncian que non se contou coa participación das entidades ecoloxistas.

Ante isto, as entidades piden que este observatorio conte co movemento ecoloxista,  que leva décadas facendo traballos nos ecosistemas costeiros e mariños, e tamén abrirse á participación das universidades e organismos de investigación que traballan nese medio. "Non resulta aceptable que á hora de avaliar os impactos da eólica mariña nas costas galegas se consideren unicamente os aspectos socio-económicos que interesan ao sector", conclúen as organizacións ecoloxistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta