Condenan a 15 anos de prisión a un home por abusar de dúas sobriñas menores de idade

Ten prohibido comunicarse por calquera medio e aproximarse a menos de 300 metros de ambas as sobriñas, do seu domicilio e centro de estudos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2021 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a 15 anos de cárcere e a oito de liberdade vixiada a un home que abusou sexualmente de dúas sobriñas cando eran menores de idade. Ademais, o tribunal impúxolle a inhabilitación para calquera oficio ou profesión que leve contacto regular e directo con menores durante oito anos.

Segundo o fallo, o condenado como autor criminalmente responsable de dous delitos continuados de abusos sexuais, tampouco poderá aproximarse nin comunicarse coas vítimas durante sete e cinco anos, respectivamente.

Os maxistrados relatan na sentenza que o condenado "tiña unha relación estreita coas súas sobriñas, que adoitaban acudir a reunións familiares na súa casa e pasaban alí tardes e noites como consecuencia das obrigacións laborais dos seus pais".

A Audiencia considera acreditado que cando a sobriña maior cumpriu nove anos comezou a abusar dela. "Feitos similares ocorreron en numerosas ocasións ao longo de dous anos, cando o acusado estaba en casa e non embarcado", indican os xuíces, quen subliñan que lle dicía á nena "que o que estaban a facer era normal, que ás súas amigas tamén llo facían, que todas pasaban por iso".

Cando a menor tiña uns 11 anos, segundo consta na sentenza, "tomou conciencia do alcance deses feitos, negouse a que o seu tío a tocase e evitou as ocasións en que puidese volver facelo".

O investigado tamén abusou da irmá pequena da vítima desde que tiña oito anos. "Ao cumprir os 11 anos, comezou a evitar ao seu tío. Este insistíalle para que accedese ás súas peticións, ofrecéndolle unha recompensa e comprarlle algo que lle gustase, requirimentos e ofertas que se repetiron en anos posteriores", sinalan os maxistrados.

AFASTAMENTO

Por iso, foi condenado en concreto pola comisión dun delito continuado de abusos sexuais con introdución de membros corporais á pena 12 anos de cárcere e por un delito continuado de abusos sexuais, a outros tres.

Así mesmo, en ambos os casos coa accesoria legal de inhabilitación absoluta para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, e á pena de inhabilitación especial para calquera oficio ou profesión que leve contacto regular e directo con menores de idade por tempo de oito anos, indica o tribunal.

Tamén concreta a Audiencia no fallo a pena de prohibición de comunicarse por calquera medio e de aproximarse a menos de 300 metros de ambas as sobriñas, do seu domicilio e centro de estudos por un tempo de por un tempo de sete anos respecto dunha e de cinco da outra.

Ademais, impónselle a medida de liberdade vixiada durante oito anos e en concepto de responsabilidade civil o condenado deberá indemnizar ás vítimas na cantidade de 30.000 euros nun caso e de 40.000 euros no outro.

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta