Citan a máis de 1.430 estudantes a un cribado en Pontevedra e convocan outros catro en municipios da área

Entre este fin de semana e o vindeiro mércores foron citadas máis de 5.300 persoas de 15 a 39 anos en cinco localidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2021 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés prevé citar a 1.435 persoas no marco dun cribado para detectar posibles casos de Covid-19 en asintomáticos ao que chamará a estudantes de Bacharelato e Formación Profesional da capital da provincia.

Segundo informou esta área sanitaria, entre este sábado, 3 de xullo, e o martes día 6 continuarán os cribados con PCR no punto Covid do aparcadoiro exterior do Hospital Provincial de Pontevedra a máis estudantes de Bacharelato e FP de centros educativos da capital pontevedresa.

Ademais, convócanse outros cribados poboacionais voluntarios con PCR nas localidades pontevedresas de Marín, Vilaboa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía, con máis de 3.900 persoas citadas.

O máis numeroso do catro convocará a 2.000 persoas de entre 20 e 29 anos os próximos martes e mércores no pavillón feiral de Fexdega en Vilagarcía --con acceso pola entrada traseira--.

Mentres, ao cribado poboacional en Vilanova de Arousa foron citadas mil persoas de 30 a 39 anos durante o vindeiro luns, 5 de xullo, no Pavillón Municipal deste municipio.

MOZOS EN MARÍN E VILABOA

Así mesmo, no municipio de Marín foron convocados 785 mozos de entre 17 e 20 anos entre as tardes deste venres e este sábado, día 3 de xullo, no Parque Eguren.

Tamén a área sanitaria de Pontevedra o Sergas citou a 158 persoas de entre 15 e 19 anos do municipio de Vilaboa a tarde deste domingo, 4 de xullo, no punto Covid do aparcadoiro exterior do Hospital Provincial da cidade do Lérez.

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés destaca que, con estas convocatorias con máis de 5.300 citados, prosegue con novos cribados voluntarios con PCR tanto a alumnado como a determinados grupos poboacionais.

E destaca que esta "iniciativa preventiva" para a detección de casos de Covid-19 en ambos os distritos sanitarios continuará con novas planificacións e ampliacións "que se requiran", explica, "sempre en función da evolución e casuística de casos positivos de coronavirus na comarca.

Un cribado en Galicia
Un cribado en Galicia | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta