Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2021 | Actualizada ás 11:04
Os efectivos de emerxencia trasladaron a un hospital a unha muller que resultou afectada por unha fuga de gas dunha bombona na súa vivenda de Culleredo.
O incidente, do que informa este sábado o CIAE 112 Galicia, produciuse ás 04,00 horas da madrugada do sábado na rúa Sanjurjo de Carricarte da localidade do Burgo.
Ata alí mobilizáronse os efectivos dos bombeiros, que, antes da súa chegada ao lugar, puxéronse en contacto co afectado para indicarlle como actuar.
Finalmente, os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 trasladaron a unha muller ao hospital ao resultar afectada o escape.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.