Aparece o cadáver do veciño de Silleda que levaba máis dunha semana en paradoiro descoñecido

A falta de que lle realicen a autopsia, as mesmas fontes apuntan a unha morte natural o propio día da súa desaparición.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2021 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Carlos Alberto Ares, o veciño de Silleda de 48 anos que levaba desaparecido desde o pasado 24 de xuño, foi achado na tarde deste sábado nunha leira nas inmediacións da vivenda familiar.

Segundo informan fontes da Garda Civil, foi un home que conducía un tractor quen atopou o cadáver deste veciño de Bandeira, aparentemente sen signos de violencia. A falta de que lle realicen a autopsia, as mesmas fontes apuntan a unha morte natural o propio día da súa desaparición.

Carlos Alberto Ares desapareceu o pasado xoves 24 de xuño e desde entón a Benemérita organizou diversas batidas pola zona, principalmente en pistas forestais, para dar con el.

Este sábado, cando se cumprían nove días sen coñecer o seu paradoiro, organizáronse dous dispositivos de procura entre a Garda Civil e outros voluntarios, pero non foi ata a tarde cando un home a bordo dun tractor localizaba o corpo.

Desactivada a procura de Carlos Alberto Ares tras ser achado sen vida en Silleda (Pontevedra). SOS DESAPARECIDOS
Desactivada a procura de Carlos Alberto Ares tras ser achado sen vida en Silleda (Pontevedra). SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta