Duras críticas do ICOMOS ao proxecto arqueolóxico “Trazas de Pontevedra”

Asociacións civís da provincia de Pontevedra sinalan que o informe ICOMOS resalta numerosas deficiencias para o proxecto de restauración en castros galaico-romanos pontevedreses.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/07/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

As  asociacións Umia Vivo, Irmandade Illa de Tambo, Anovaterra e colectivo pola defensa do patrimonio A Forneiriña, presentaron denuncias dirixidas a varios organismos e institucions en relación co proxecto Trazas de Pontevedra. Este último é un proxecto polo que se pretende a restauración de varios castros da época galaico-romana e a súa accesibilidade ao público.

Castro de Alobre, Vilagarcía
Castro de Alobre, Vilagarcía | Fonte: E.P.

O motivo das denuncias é a avaliación que realizou a ONG ICOMOS, sobre o proxecto Trazas de  Pontevedra. Segundo apuntan as asociacións denunciantes, o informe ICOMOS cuestiona todos e cada un dos aspectos de procedemento, de deseño, de metodoloxía e de execución  dos proxectos. Isto deixa en evidencia a falta de rigor de  todos e cada un dos responsables das institucións que deseñaron, tramitaron, aprobaron  e executan os proxectos”.

Consecuentemente, as denuncias cidadans e o informe de ICOMOS tamén poñen en evidencia que todas as autoridades “con competencias en materia de Patrimonio Cultural incumpren a legalidade vixente e fan deixación de funcións e poñen en situación de risco o patrimonio cultural”. Denucian tamén que xunto a estas actuacións, “desvian fondos públicos para proxectos de cuestionable eficacia e prioridade”.

No documento asinado polas asociacións mencionadas, destacan “que non queda outra que recoñecer asistimos a unha  destrucción intencional do patrimonio cultural”. Para reafirmarse nisto fan referencia á “Declaración da UNESCO relativa á destrucción intencional do patrimonio cultural” de 17 de octubre de 2003.

No mesmo comunicado reclámase a necesidade dun plan de emerxencia e xestion do patrimonio arqueolóxico que garanta “a identificación,  sinalización e desbroce para evitar danos polos incendios, traballos e implantacion de  proxectos”. Finalmente apuntan que “o informe que facemos público  con esta nota aos medios, foi enviado por ICOMOS á Directora  Xeral de Patrimonio Cultural coa que temos  entrevista solicitada e que esta demorando alegando problemas de axenda”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta