Unha muller resulta ferida tras caer cun tractor por un terraplén en Forcarei

O 061 levou ata o lugar do sinistro unha ambulancia para atender e trasladar á muller. Tamén mobilizara un helicóptero medicalizado, aínda que finalmente foi descartado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2021 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida na mañá deste domingo tras precipitarse por un terraplén cun tractor no municipio pontevedrés de Forcarei.

Foron os profesionais de Urxencias Sanitarias-061 quen chamaron ao 112 Galicia ao redor das 11,30 horas para alertar deste suceso ocorrido no lugar de Lamasgalán de Arriba, en Aciveiro.

Seguidamente, a central de emerxencias mobilizou ata o punto aos bombeiros do Deza e ao GES da Estrada, por se a vítima necesitaba ser excarcerada do vehículo. Con todo, ao comprobar que era accesible, limitáronse a prestar colaboración aos sanitarios.

Ademais, o 061 levou ata o lugar do sinistro unha ambulancia para atender e trasladar á muller. Tamén mobilizara un helicóptero medicalizado, aínda que finalmente foi descartado.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta