A deriva autoritaria de Rajoy

Na España desta fin do 2013, a seguranza cidadá na rúa, que constituiu un problema de discreto nível de preocupación social hai uns vinte anos, non lle preocupa xa á cidadanía, agás manifestacións delictivas concretas como os roubos nas casas habitadas ou determinados secuestros “express”.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 09/12/2013

Comparte esta noticia

Porén, o Goberno do Estado, consciente da súa total falla de creto e de “auctoritas”, vai tipificar a xeito de infraccións administrativas moi graves condutas perfectamente comprensíbeis nunha sociedade democrática avanzada, moito máis cando  son os Gobernos e Institucións os responsábeis do malestar social, do recurte dos servizos públicos e do empobrecemento colectivo.

A xogada está, ademáis, maquiavélicamente estudada, pois que sanciona as infraccións administrativas graves da seguranza cidadá con multas de 1001 a 30.000 € e as moi graves con multas de 30.001 a 600.000 €. E estas infraccións serán obxecto de denuncia policial dotada de presunción de veracidade a respecto das condutas denunciadas. Malia confíarmos na profesionalidade democrática dunha moi ampla maioría dos policías, o certo é que a centralización das competencias (agás Catalunya e Euskadi) no Ministerio do Interior determinará que só os máis submisos ás autoridades políticas serán promovidos a cargos policiais, vencellándose a emisión de denuncias áo devengo dos complementos salariais de produtividade .
Esta centralización das competencias en Madrid determinará tamén que sexan os órganos centrais do Ministerio os que impoñan as sancións máis graves, o que  obrigará á cidadanía galega a recorrer perante os Tribunais contenciosos da Audiencia Nacional, que constitúe auténtica excepción ao principio constitucional de que nos xulguen os xuices ordinarios legalmente predeterminados.

Alén diso, a interposición de recursos contencioso-administrativos contra as sancións administrativas do Ministerio do Interior obrigará aos recorrentes a aboar elevadas taxas  e ao pagamento das custas procesuais no caso de perder o recurso, o que vai ocorrer moitas veces pola complexidade, para os avogados da defensa, de propór proba a xeito para destruir a presunción de veracidade das denuncias policiais.  

Semella propio da Rusia de Putin. Pero vai ocorrer aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.