Homenaxe en Verín a Jaime Noguerol, xornalista e poeta 'underground' da movida madrileña

Foi este pasado 3 de xullo no Auditorio da localidade a iniciativa da Biblioteca Municipal de Verín. O acto contou coa participación, a través de vídeogravacións, de Miguel Ríos e Luz Casal.

Por X.M. Fernández | Verín | 05/07/2021 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Baixo o nome de 40+1-Aniversario de Extraños en el escaparate de Jaime Noguerol, Verín rendeu homenaxe a esta gran obra, editada por Juan Luís Recio, A Banda de  Moebius, e que logo daría paso ao famoso disco de Miguel Ríos.

Homenaxe ao xornalista Jaime Noguerol en Verin
Homenaxe ao xornalista Jaime Noguerol en Verin | Fonte: Concello de Verín

"Le quitaron al futuro su antifaz de cielo", así comeza a obra que ilustra o gran Ceesepe e onde Noguerol compón a literatura underground dos oitenta madrileños. Este verinés, ademais de como xornalista, destacou como poeta alternativo da movida madrilaña e como letrista, entre outros, de Miguel Ríos e de Luz Casal.

O acto foi inaugurado pola concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo e polos responsables da Biblioteca, Vicente Rodríguez e Aurora Prieto. A presentación correu a cargo do escritor verinés Antonino Nieto e contou coa presencia, como non podería ser de outra maneira, do propio Jaime Noguerol.

A través de vídeogravacións, participaron tamén varias personalidades referentes da “Movida madriñeña”, como Julio Conde Estévez, interventor de Sos de Rey e veciño de Verín; Juan Luís Recio, editor do libro Estraños en el escaparate; Manuel "Patacho" Recio, de glutamato yeyé; e os músicos Miguel Ríos e Luz Casal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta