O home agredido cunha arma branca en Silleda está fora de perigo

Pola outra banda, o veciño detido por cometer o acto pasou a disposición xudicial este luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2021 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

O veciño de Silleda detido por unha agresión con arma branca na madrugada do sábado na vía pública desta localidade pasou a disposición xudicial este luns, segundo informan a Europa Press fontes da Garda Civil.

Localidade pontevedresa de Silleda - silleda.es
Localidade pontevedresa de Silleda - silleda.es

Pola súa banda, o agredido, que foi derivado ao Hospital Clínico de Santiago, continúa ingresado neste centro pero está fóra de perigo, apuntan as mesmas fontes. A agresión con arma branca produciuse ao redor das 2,20 horas do pasado domingo día 4, na Avenida do Parque, en Silleda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta