A subdelegada do Goberno condena a queima da bandeira LGTBI do Comité ANTISIDA coruñés

María Rivas cualificou o incidente como "un feito puntual".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/07/2021 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, María Rivas, condenou a queima da bandeira LGTBI do Comité ANTISIDA da cidade herculina (CASCO), aínda que cualificou o incidente como "un feito puntual".

"Creo que non é bo para a sociedade que traslademos unha mensaxe de inseguridade cando realmente os datos non nos din iso. Estamos nunha cidade segura e este tipo de situacións son absolutamente puntuais", dixo María Rivas.

Segundo relatan desde o comité a Europa Press, os feitos ocorreron a tarde do sábado sobre as 18,00 horas, cando dous homes supostamente tentaron queimar a bandeira LGTBI que colgaba do edificio. Unha veciña foi a que deu a voz de aviso do suceso.

CASCO xa denunciou os feitos por un delito de odio e vandalismo, e confía en que as cámaras da zona poidan identificar os culpables.

Bandeira LGTBI
Bandeira LGTBI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta