Vox imita a Feijóo e súmase á guerra contra o Goberno central pola caza do lobo

A formación ultra tamén é contraria á prohibición da caza do animal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2021 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O deputado nacional de Vox por Asturias, José María Figaredo, e o presidente de Vox Asturias e portavoz na Xunta Xeral do Principado, Ignacio Branco, manterán este mércores, xunto a cargos e representantes institucionais de Vox en Galicia, Cantabria e Castela e León, un encontro con gandeiros para abordar a suposta problemática do lobo no sector.

A reunión celebrarase en Brañavieja (Alto Campoo) ao dez da mañá, unha das zonas onde a cabana gandeira está a sufrir duramente os ataques deste animal. O obxectivo do encontro é facer unha fronte común das comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León pola inclusión do lobo no LESPRE e apoiar aos gandeiros dentro dun Plan Nacional que recolla axudas para a prevención dos ataques do lobo, que garanta a todos os gandeiros de España unha protección eficaz ante esta crecente ameaza.

A formación ultra entra así nunha das principais bazas coas que Feijóo vén facendo guerra ao Goberno central, que meses atrás aprobou a prohibición de caza destes animais. Dende o ecoloxismo apuntan que a matanza indiscriminada do lobo leva a desequilibrios no ecosistema que rematan por danar en igual ou superior medida as explotacións gandeiras --por exemplo a mans dos xabaríns--, perspectiva que comparten algúns gandeiros da Comunidade galega. 

O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante o acto electoral de Vox na Coruña, a 4 de xullo de 2020.. M. Dylan - Europa Press
O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante o acto electoral de Vox na Coruña, a 4 de xullo de 2020.. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta