Moito que facer en Allariz nun verán cheo de actividades culturais

O concello vén de presentar un programa que conta con máis de 40 actividades, a meirande parte delas en espazos ao aire libre. Todas serán de balde e haberá que facer reserva previa daquelas que teñan limitación de aforo.

Por X.M. Fernández | Allariz | 07/07/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A alcaldesa, Cristina Cid, e o concelleiro de cultura, Alberto Conde, presentaron o calendario de actividades para este verán. Un programa ateigado de alternativas culturais e de lecer para pasar os meses de xullo, agosto e setembro.

Cristina Cid e Alberto Conde presentando as actividades de verán. Foto: Prensa do Concello Allariz.
Cristina Cid e Alberto Conde presentando as actividades de verán. Foto: Prensa do Concello Allariz.

As actividades desenvolveranse por moitos dos espazos ao aire libre cos que conta o Concello de Allariz, como son: o Festival Internacional de Xardíns, o Campo dos Brancos, a Praza dos Carboeiros, O Xardín do Museo do Coiro ou o Campo de Vilanova, entre outros. En todo caso, garantindo sempre o cumprimento das medidas de seguridade e evitando as aglomeracións para que todas as persoas gocen do lecer con todas as garantías posibles.

Entretemento para nenos e nenas, concertos, música, desfile de Xigantes e Cabezudos, exposicións, mercados, cine e teatro serán algunhas das propostas que se presentan este verán en Allariz.

As actividades serán de balde e para as que conten con capacidade limitada deberás reservar a túa entrada na Casa da Cultura ata un día antes da actuación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta