Pontón propón un "gran pacto" pola ciencia para dar "estabilidade" aos investigadores

A portavoz nacionalista aposta pola creación do 'Innogal', para "facer unha política de captación e retención de talento", na liña de proxectos que se fan en Catalunya e Euskadi.

Por E.P. | A CORUÑA | 07/07/2021 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, propuxo este mércores alcanzar un "gran pacto" pola ciencia, que inclúa "financiamento" e de "estabilidade" ao persoal investigado.

Durante a súa visita ao Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña (UDC), asegurou que no BNG "están convencidos de que o futuro de Galicia pasa pola ciencia e a innovación".

Na súa visita, Pontón cualificou ao CICA como "unha referencia para Galicia" e lamentou que neste centro teñan que facer "investigación de primeira, cun financiamiento de segunda". "Temos capacidade e potencialidade para ser unha potencia no ámbito da investigación, pero iso require apostas de futuro", manifestou.

PROPOSTAS DO BNG

A primeira proposta do BNG é selar "un pacto pola ciencia e a innovación que sitúe o investimento neste ámbito no 2'5% do PIB galego", que actualmente non chega ao 1%. "Sen recursos non hai ciencia, sen financiamiento non hai ciencia, e esta debería ser unha gran aposta de país", dixo a líder dos nacionalistas.

A segunda cuestión da que falou Pontón é que "para facer ciencia necesítanse persoas e capacidade para atraer talento". Segundo afirmou a portavoz nacionalista iso non se pode facer desde "a precariedade". "Necesitamos definir unha carreira investigadora e darlle estabilidade. O amor á ciencia está moi ben, pero as facturas chegan a fin de mes, non podemos ter aos nosos investigadores e investigadoras en precario, e como país temos un gran problema coa fuga de talento", explicou.

Por último, Pontón reclamou "novos instrumentos neste ámbito". A portavoz nacionalista aposta pola creación do 'Innogal', para "facer unha política de captación e retención de talento", na liña de proxectos que se fan en Catalunya e Euskadi, pero adaptados "á realidade galega".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón / BNG. / Europa Press
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón / BNG. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta