Case 10.000 mozos e mozas de Ferrolterra son beneficiarios do cartón de transporte Xente Nova

Con este dispositivo os mozos poden facer ata 60 viaxes ao mes sen custo en calquera das máis de 3.100 liñas de autobús "renovadas" que xestiona a Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2021 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

A extensión do cartón de transporte Xente Nova da Xunta a toda Galicia permite aos 9.800 menores de 21 anos que residen en Ferrolterra desprazarse gratis en bus interurbano por toda a Comunidade.

Así o destacou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, esta mañá nunha visita á estación de autobuses de Ferrol, na que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta na provincia, Gonzalo Trenor.

Con este dispositivo, explica Vázquez, os mozos poden facer ata 60 viaxes ao mes sen custo en calquera das máis de 3.100 liñas de autobús "renovadas" que xestiona a Xunta.

Esta medida supón "unha conquista social para a mocidade galega no acceso a servizos básicos como a educación e a sanidade", así como un "revulsivo no uso do transporte colectivo" e, ademais, "un alivio para o peto das familias".

A conselleira puxo como exemplo o aforro dunha familia cun fillo universitario que teña que desprazarse todo o curso á cidade da Coruña: 1.350 euros.

A EXPEDICIÓN DE CARTÓNS CUADRIPLÍCASE

Así mesmo, Ethel Vázquez ofreceu datos sobre a aceptación deste cartón entre a poboación á que se dirixe. Afirma que, desde que se estendeu a toda Galicia, as expedicións cuadriplicáronse, desde as 25 que houbo abril ata o centenar que se rexistrou en xuño.

Lembra, así mesmo, que o dispositivo pode tramitarse en 213 oficinas de Abanca que contan con esa habilitación en toda a Comunidade.

Igualmente, a conselleira precisa que este cartón leva vantaxes adicionais para a mocidade ferrolá, en relación coa de cidades como Lugo, Santiago ou A Coruña, ao non dispor a cidade de transporte urbano propio a pesar de estar obrigada a iso ao ter máis de 50.000 habitantes.

É, por tanto, a Xunta a que presta este servizo, polo que, ademais da gratuidade nas liñas interurbanas, os menores de 21 anos poden viaxar gratis tamén nas urbanas.

Autobús
Autobús

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta