Póñenlle nome a decoración da Ribeira Sacra e do camiño de Santiago: "esgrafiados de estilo galego"

Apatrigal di que é unha técnica que se usa para o lucido e revestimento de muros e fachadas que "ata agora non estaba catalogada na arquitectura de Galicia".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2021 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

Tras anos de investigación, Mar López Sotelo define o termo “Esgrafiados Estilo Gallego” para referirse aos elementos de decoración que se localizan na Ribeira Sacra e no camiño de Santiago. A investigadora constatou a existencia dun estilo propio característico do patrimonio rural galego, que evolucionou da arte inciso parietal cunha clara influencia románica.

Portada lo libro sobre os esgrafiados de estilo galego - cedida
Portada lo libro sobre os esgrafiados de estilo galego - cedida

"O Esgrafiado é unha técnica ornamental que se usa na decoración para o lucido e revestimento de muros e fachadas, tanto no exterior como no interior dos edificios. Trátase dunha técnica moi antiga que non estaba catalogada ata agora na arquitectura galega", apunta nun comunicado a Asociación para a Defesna do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal).

As conclusións desta investigación comparativa reflíctense na obra: Esgrafiados en la ribeira Sacra y el camino de Santiago. Obras de arte y simbolismo en las paredes, será presentado nun acto que se celebrará o vindeiro luns día 12 de xullo ás 20:00 horas no instituto Campus Stellae en Santiago de Compostela e as mostras poderanse ver na exposición fotográfica que acollerá o instituto na súa sede.

Son anfitrións e organizadores do evento o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), o instituto Campus Stellae e a Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (apatrigal), que consistirá na presentación do libro e a inauguración da exposición de fotografías de esgrafiados de estilo galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Currelante

Disimulen a profesionalidade do xornalista (anotará o que lle contan, ben podía procurar esgrafiados en galego no Google, e contrastar o que aparece da Ribeira Sacra co anotado), e sobre todo da arrogancia e da ignorancia autora, da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) e do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Pois en 1992 a Dirección Xeral do Patrimonio catalogou tales decoracións de verdade (inventario real, non saltando ao chou), realizado por profesionais (non por afeccionados sen formación e con interpretacións disparatadas). E hai traballos publicados de 1993, 1995 e 2007. De nada!