Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2021 | Actualizada ás 13:29
O Xulgado do Contecioso-Administrativo número 1 de Pontevedra anulou unha multa de 15.000€ que a Xunta impuxo aos donos dun piso de Monteporreiro de protección oficial que o alugaban sen ter amortizado o préstamo concedido pola Administración autonómica.
No momento da compravenda, asiada en 2004, non se estableceu a obriga dos adquirintes de residir permanente nel sen límite temporal nin no perído de amortización da débeda, de 20 anos. Por iso, aínda que lles afecta o decreto do 2007 que impide arrendar a venda ata pagala, a multa foi anulada. No devandito decreto disponse que a compravenda de vivendas promovida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), "o réxime de protección extenderase á amortización do préstamo concedido para a súa adquisición"
O xuíz destaca que se trata "dunha vivenda transmitiva directamente polo IGVS por un prezo moi inferior ao de mercado e cun réxime de financiamento tamén moi privilexiado", polo que entende que "contradí a finalidade e o espírito do devantido rexime de protección o que, cando o adquitente aínda non houbese pagado o prezo completo (quedándolle máis da metade), deixe de residir na vivenda e a alugue por unha renda tres veces superior ás mensualidades de pago aprazado que aínda ten pendentes, obtendo con iso un enriquecemento inxusto manifesto".
Con todo, o xuiz destaca que os compradores puidesen entender que a afección do piso ao réxime de protección oficial finalizaría aos 30 anos, é dicir, en xaneiro do 2017, pois a data de cualificación definitiva do inmoble produciuse no 1987. O maxistrado considera que en 2018 subscribiron o contrato de arrendamento "con boa fe, de maneira transparente, depositando a fianza no propio IGVS".
O xuíz recalca que "non poden xa descoñecer a súa obriga de residir nela ou de transmitila cumprindo as condicións establecidas para as vivendas protexidas". Ademais, de non daren cumprimento efectivo ao réxime protexido da vivenda, a Administración "poderalles requerir o pago de todo o que gañasen co alugueiro"
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.