A Xunta rexistra 32 novos verquidos ás rías galegas pero defende o seu labor "de control"

A directora de Augas de Galicia subliña que o incremento de verteduras rexistradas ten que ver co bo facer do órgano: "Que aumente non é máis que seguimos facendo o noso traballo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2021 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, defende que o incremento das verteduras inventariados nas rías galegas, dato que pasou de 1.564 en 2019 a 1.596 en 2020, "quere dicir que se coñecen" polo labor inspector, "non que aumenten".

"Atopámolos. Pero afortunadamente conseguimos, coa acción en casos con multa, en casos con traballo coas administracións locais, emendalos", resaltou, a preguntas do deputado socialista Pablo Arangüena en comisión parlamentaria.

Neste sentido, profundou na quenda de peche: "Un punto de vertedura nunca desaparece, por exemplo unha depuradora: vai estar inventariada sempre. O que ten é que cumprir. O que hai é que controlalos. Que aumente non é máis que seguimos facendo o noso traballo e porque está inventariado está controlado. Creo que ter puntos de verteduras inventariados é o que temos que facer e controlalos. É imposible que a auga que consumimos e que chega ás depuradoras desapareza", explicou.

Así as cousas, segundo a responsable de Augas, "a situación das verteduras vai mellorando" pois en 2010 o 40% deles eran contaminantes fronte ao 16% de 2020. Pola súa banda, na súa intervención, o parlamentario do PSdeG cuestionou a clasificación como contaminante ou non que fai a Xunta e o investimento de fondos europeos nesta materia.

Respecto diso, Teresa Gutiérrez asegurou que en 2020 "conseguiuse que 93 puntos quedasen emendados e non mostren contaminación". Ademais, "elimináronse 61 puntos prioritarios, pasaron a ter bo comportamento".

Vertido de augas residuais ao río Barhaña, en Ourense
Vertido de augas residuais ao río Barhaña, en Ourense | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta