Feijóo "alegraríase" que volvan a Cataluña as empresas que marcharon pero "con seguridade xurídica"

"A fuga de empresas debeuse en gran parte á acción irresponsable do goberno independentista de Cataluña", asegura.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/07/2021 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rexeitou este xoves que o Goberno "incentive a irresponsabilidade dos gobernos autonómicos co diñeiro de todos" os españois.  Núñez Feijóo opinou deste xeito sobre unha información do diario ABC, que sostén que o Executivo de Pedro Sánchez ofrecería un plan de axudas para que volvan as empresas a Cataluña que cambiaron os seus domicilios fiscais e sociais a raíz do procés.

Manifestación independentista do pasado 11 de setembro en Catalunya
Manifestación independentista do pasado 11 de setembro en Catalunya | Fonte: eitb.com

"A fuga de empresas debeuse en gran parte á acción irresponsable do goberno independentista de Cataluña de hai anos, coa convocatoria dun referendo ilegal unha declaración de independencia ilegal", afirmou o presidente galego.

"Lamentablemente -continuou- esas forzas (políticas) mantéñense" no Govern e son os "socios que dan estabilidade ao goberno socialista e populista" en Madrid. 

Núñez Feijóo asegurou que se alegrará de que as empresas que saíron volvan a Cataluña, aínda que indicou que para iso sería necesario "seguridade xurídica, estabilidade institucional, bilingüismo cordial e repor a legalidade". EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Tano

Non parecen preocuparlle as que deixan Galicia, que non son poucas, cara á centrifugadora madrileña