O BNG denunciará ante a Comisión Europea o "boom eólico depredador" en Galicia

Con esta medida busca "frear" a política da Xunta "a favor do 'lobby' eléctrico".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/07/2021 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O BNG denunciará ante a Comisión Europea o "boom eólico depredador" en Galicia por vulneración a normativa comunitaria. Con esta medida busca "frear" a política da Xunta "a favor do lobby eléctrico".

Ana Miranda e Ana Pontón
Ana Miranda e Ana Pontón | Fonte: BNG.

Así o avanzaron este xoves a líder do BNG, Ana Pontón, e a portavoz do Bloque en Bruxelas, Ana Miranda, quen reclaman que se incremente o territorio en Rede Natura desde o actual 12% ata o 20%.

Os nacionalistas requiren que se deixe libre de novos parques eólicos a zona de ampliación de Rede Natura que leva 12 anos conxelada en Galicia, á cola do Estado nesta figura protectora.

"Non imos permitir que se trate Galicia como unha colonia que fornece materias primas para que forren as eléctricas", advertiu Ana Pontón.

Pola súa banda, Ana Miranda alertou de que "este boom atenta contra a normativa do hábitat, da auga e da biodiversidade da UE", polo que denunciarán a situación ante a Comisión Europea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta