Liberdade para o sobriño de Charlín tralo atropelo mortal a unha muller en Vilanova de Arousa

Diego S.C. deberá pagar unha fianza de 70.000 euros e comparecer semanalmente ante o xulgado.

Por E.P. | VIGO | 09/07/2021 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

A titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución 1 de Vilagarcía de Arousa acordou a liberdade do sobriño de Charlín investigado por un atropelo que lle custou a vida a unha septuaxenaria en Vilanova de Arousa, Diego S.C., baixo unha fianza de 70.000 euros. No auto, contra o que cabe recurso, estimouse a petición formulada pola defensa de Diego S.C., aínda que se mantivo a súa prohibición para conducir. Ademais, non se lle permitirá abandonar o territorio estatal e deberá comparecer semanalmente ante o xulgado.

En concreto, este home foi detido o pasado mes de novembro como presunto autor do atropelo que lle custou a vida a unha muller de Vilanova de Arousa de 78 anos a escasos metros da súa vivenda. Un vehículo de alta gama que circulaba a elevada velocidade arroiou á muller cando cruzaba un paso de peóns e deuse á fuga, deixándoa mal ferida na estrada.

A descrición ofrecida polas testemuñas do sinistro fixo que a policía puxese desde o primeiro momento o foco en Diego S.C., sobriño do patriarca do clan dos Charlines. Finalmente, un familiar do detido mediou con el para que se entregase. Posteriormente, o Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido, que en 2017 xa se viu implicado nunha colisión na que falecera o condutor do vehículo contra o que chocara.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta