Que non falte a auga nos núcleos rurais, obxectivo do Concello de Verín

O goberno local está a executar unha serie de obras de mellora e instalación de novas infraestruturas da rede de abastecemento de auga potable nos seus núcleos rurais coa finalidade de garantir o servizo a toda a veciñanza.

Por X.M. Fernández | Verín | 10/07/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Segundo explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, os traballos de mellora no abastecemento de auga potable realízanse coa finalidade de asegurar para toda a poboación o acceso a este servizo básico en todas as parroquias. En palabras do propio rexedor: "sexa ou non a súa rede de abastecemento de titularidade municipal, adiantámonos á posible seca que se prevé poida producirse ao longo da época estival".

Obras de abastecemento de auga potable. Foto: Prensa Concello de Verín
Obras de abastecemento de auga potable. Foto: Prensa Concello de Verín

“Nalgunhas destas  parroquias”, lembrou Seoane, “autoabastecíanse  a través de pozos privados ou directamente do propio río, xerándose con frecuencia dificultades para garantir a auga potable en cantidade e calidade suficiente”.

Así pois, atendendo ás súas necesidades específicas, realizáronse diferentes accións nos núcleos rurais que así o necesitaban:

Mourazos: construción de dous novos pozos subterráneos de captación de auga potable con  abastecemento eléctrico e sistema de bombeo.

Tamaguelos: construción dun novo pozo subterráneo de captación de auga potable con  abastecemento  eléctrico e sistema de bombeo.

Feces de Cima: construción dun novo deposito de auga, así como do seu conduto desde a captación.

A  Rasela: por mor de problemas de subministración co seu antigo depósito, realizouse a conexión á rede de abastecemento do núcleo urbano de Verín (xestionada pola empresa Espiña e Delfín).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta