Pontón pide a Feijóo que "asuma a súa parte de responsabilidade" e "non descargue" nos concellos

Di que o que necesita o país" e a xestión da pandemia "é buscar solucións e non culpables".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2021 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, observou que o de Feijóo é un Goberno "especialista en botar balóns fóra no canto de asumir o seu parte de responsabilidade".

Así se expresou ao ser preguntada pola nova medida de pechar parques e praias que concentran zonas de botellón, recollida no Diario Oficial de Galicia (DOG) deste xoves e que, como dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, é de "obrigado cumprimento" para todos os municipios.

"Vemos como quere facer caer a responsabilidade nos concellos, descargando moito o que ten que ver en limpeza e control sen dotalos de máis recursos e colaboración". Pontón sinalou que "o que necesita o país" e a xestión da pandemia "é buscar solucións e non culpables", que é no que "son especialistas no goberno de Feijóo".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón / BNG. / Europa Press
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón / BNG. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta