Incautan máis dun millón de euros en Vilagarcía na vivenda do xefe dun grupo detido por tráfico de cocaína

Hai catro persoas detidas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/07/2021 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

Máis dun millón de euros en efectivo é o que atoparon os axentes da Unidade de Drogas e Crime Organizado (Udyco) do Corpo Nacional de Policía e do Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) da Garda Civil na vivenda dunha do catro persoas detidas en relación coa aprehensión de dous quilos de cocaína nun coche que viaxaba de Galicia a Asturias.

Cocaína.
Cocaína.

Cando os axentes rexistraron a modesta vivenda de dúas plantas do presunto xefe do grupo, situada no centro de Vilagarcía, a apenas 50 metros do Concello, acharon unha gran cantidade de diñeiro en efectivo. Tras un longo reconto, e aínda que non transcendeu a cantidade exacta, fontes da investigación sinalaron que superaba o millón de euros.

O propietario da vivenda carecía de antecedentes penais por delitos contra a saúde pública e non fora investigado con anterioridade.

A operación desencadeouse por mor da incautación dun alixo de dous quilos cocaína que transportaba un coche de alta gama que viaxaba con dirección a Asturias. De momento descoñécese cando pasarán a disposición xudicial os catros detidos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta