Condenado a dous anos de cárcere un empresario que falsificou a sinatura dun empregado para simular que cobrara

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2021 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Ourense condenou a dous anos de cárcere, como autor dun delito de estafa procesual, a un empresario que falsificou a sinatura dun dos seus traballadores co obxectivo de simular que cobrara as súas nóminas, liquidacións e pluses de transporte.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

A presentación deses documentos provocou que o xulgado ante o que o empregado reclamou o seu pago ditase unha resolución que prexudicou os seus intereses.

Ademais, a sección segunda da Audiencia impuxo ao empresario o pago dunha multa de 1.800 euros. O investigado tamén deberá pagarlle ao empregado o diñeiro que lle debe.

"A declaración do denunciante, persistente no tempo, pon de manifesto que as firmas controvertidas non foron subscritas por el, sostendo que a primeira vez que viu os documentos en cuestión foi no acto de xuízo", destacan os maxistrados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta