O delegado do Goberno recibe un documento dos transportistas sobre "a insuficiencia" das rebaixas na AP-9

Indicaron que o mes que vén, coa finalización de novas concesións de peaxe, o noroeste peninsular soportará "a metade dos quilómetros de peaxe estatais".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2021 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

O cluster e as asociacións de transporte trasladaron ao delegado do Goberno en Galicia a "insuficiencia" das bonificacións anunciadas para o transporte pesado na autoestrada AP-9. No encontro, lembraron que as bonificacións do ano 2015, maiores que as que están expostas para agora, "non produciron os efectos desexados".

Indicaron que o mes que vén, coa finalización de novas concesións de peaxe, o noroeste peninsular soportará "a metade dos quilómetros de peaxe estatais". Así, insistiron na necesidade de que "o modelo de pago polo uso das autovías en estudo non prexudique ás rexións periféricas".

En concreto, o encontro produciuse entre o Clúster da Función Loxística de Galicia e as principais asociacións de transporte de mercadorías por estrada de Galicia (Fegatramer, Apetamcor e Fetram), con delegado do Goberno en Galicia, para abordar a situación das peaxes na comunidade.

Así mesmo, entregaron un estudo elaborado polo cluster, dispoñible na web oficial, que conclúe que, para ter impacto na atracción de tráficos, as bonificacións deberían ser do 55%, "habendo determinado tramos nos que sería xustificable unha subvención superior por cuestións de seguridade viaria".

O  delegado do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia, José Manuel Miñones
O delegado do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia, José Manuel Miñones | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta