O BNG defende a gandaría "extensiva respectuosa co medio ambiente" ante a polémica entre sector cárnico e Goberno

O portavoz parlamentario de Medio Rural polo BNG, Xosé Luís Rivas, critica que "se culpabilice inxustamente" a un sector "moi impactado economicamente pola pandemia".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O BNG defende o sector cárnico de Galicia, que ten unha gandaría de vacún e ovino-caprina que "non só destaca pola súa alta calidade alimentaria, senón por ser maioritariamente extensiva". Así, destacou que é "respectuosa" co medio ambiente, ademais de "clave" como actividade económica para manter "vivo o rural, actuando como freo ao despoboamento e ao abandono do territorio, nun país no que os incendios son un dos principais problemas ambientais".

Neste sentido, a formación nacionalista, a través do seu portavoz parlamentario de Medio Rural, Xosé Luís Rivas, pediu "prudencia" nas declaracións que se fan desde o Goberno do Estado e critica que "se culpabilice inxustamente" a un sector "moi impactado economicamente pola pandemia" e para o que as declaracións do ministro de Consumo supoñen "un mazazo inxustificado".

Para Rivas, é necesario "pór o foco nun modelo de consumo que importa masivamente alimentos producidos a miles quilómetros en condicións sanitarias e laborais que non están homologadas coas do país", mentres que hai 300.000 hectáreas agrogandeiras abandonadas e infrautilizadas cun goberno da Xunta "indolente ante este abandono de terras e sen a máis mínima preocupación por cuestións como a soberanía alimentaria".

Vacas. Loura galega.. MERCEDES RANCAÑO OTERO
Vacas. Loura galega.. MERCEDES RANCAÑO OTERO | Fonte: PERCDS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta