Piden máis de 20 anos para un acusado de maltratar a súa parella e abusar da filla desta

O home controlaba todos os horarios da súa parella, decidía as horas en que tiña que comer ou deitarse, e impedíalle manter conversas ou quedar coas amizades ou con familiares.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2021 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

A Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña celebrará este luns o xuízo contra un home acusado de de maltratar á súa parella sentimental, abusar da filla dela e ameazar á nai da primeira, para o que a Fiscalía pide 20 anos e oito meses de prisión. O home está acusado de varios delitos de ameazas, abusos sexuais, vexacións, relevación de segredos e delitos contra a integridade moral.

No seu escrito de cualificación, o Ministerio Fiscal afirma que o acusado mantivo unha relación sentimental coa muller, residindo no domicilio familiar situado na Coruña xunto á filla, menor de idade, e a avoa, desde outubro de 2018. Tras pasar uns 15 días desde o inicio da convivencia, o acusado comezou a controlar os horarios da súa parella, "decidindo a hora en que tiña que comer ou deitarse, impedíndolle manter conversacións con amigos, quedar con eles ou con familiares, illándoa da súa contorna habitual, especialmente da súa familia".

"Só quería que se relacionase con el, criticaba a súa forma de vestir e cando se enfadaba rompía obxectos, daba golpes, insultábaa", engade a Fiscalía, que explica que tamén controlaba o teléfono da vítima. Doutra banda, o escrito indica que tamén revisaba o móbil da filla da muller, á que insultaba e á que, engade o Ministerio Público, realizou tocamentos despois de iniciar a convivencia.

Así mesmo, explica que o acusado mantiña unha "conduta vexatoria, ameazante e agresiva" coa nai da súa parella, co fin de botala do domicilio familiar, feito que ocorreu en marzo do ano pasado.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta