Visitas guiadas para coñecer cada recuncho de Allariz este verán

A Área de Promoción Económica, Comercio e Turismo pon en marcha, a partires do día 17 de xullo, visitas guiadas polo casco histórico de Allariz todos os sábados.

Por X.M. Fernández | Allariz | 13/07/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Despois da gran acollida que tivo a actividade o verán pasado, volven as visitas con grupos reducidos dende o 17 de xullo ata finais de agosto.

Museo do Coiro en Allariz e río Arnoia. Foto: XMF
Museo do Coiro en Allariz e río Arnoia. Foto: XMF

As rutas guiadas terán un marcado carácter divulgativo pero tamén ameno e divertido, desenvolvéndose ademais con todas as normativas vixentes contra a covid-19 vixentes. Entre as medidas coas que se retomará a actividade neste 2021, inclúense a formación de grupos reducidos (máximo 20 persoas) con toma de temperatura e uso da máscara.

A visita partirá da oficina de turismo de Allariz ás 12:00h e terá una duración aproximada de 1 hora e media, na que percorrendo a beira do río Arnoia e o casco histórico de Allariz, coñecerase todo tipo de elementos culturais, monumentais, paisaxísticos e patrimoniais vencellados a historia alaricana, con especial atención as súas prazas, igrexas, recursos turísticos, lendas e anécdotas.

O Arnado, a Praza Maior, A Paneira, a Igrexa de Santiago, a rúa da Cruz e o Edificio do antigo Xulgado adoitan ser paradas inescusables nestes itinerarios. 

As visitas terán unha capacidade limitada, polo que cómpre reservar praza na Oficina de Información de xeito presencial, por teléfono chamando ao 988 442 008 ou no correo informacion@allariz.gal. A tarifa xeral será de 6 € e reducida de 3 € para parados, estudantes e xubilados, sendo de balde ata os 10 anos inclusive.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta