Pontón reclama que os cambios no Goberno "signifiquen cumprir o acordo" de investidura co BNG

A portavoz nacional do BNG destaca que hai "asuntos importantes pendentes" e esixe "prazos concretos á execución de medidas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2021 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou que os cambios de ministros no Goberno central "signifiquen" que se cumpra o acordo de investidura asinado polo Partido Socialista coa súa formación.

"Queremos que se acabe a discriminación con Galicia, na que se alternan PSOE e PP", manifestou Pontón, que sostivo que a remodelación anunciada por Pedro Sánchez responde a "intereses partidistas e internos do PSOE".

"O que nos debe de importar non é quen son as persoas que están á fronte dos ministerios senón que políticas van facer esas persoas", argumentou a líder nacionalista, que lembra que hai "asuntos importantes pendentes" como a "derrogación da lei mordaza" e "das reformas laborais".

"E sobre todo, cumprir con Galicia", incidiu Pontón, que considerou que o novo goberno debe ler "desde a primeira á última páxina" do acordo de investidura co BNG e "porlle prazos concretos á execución das medidas que Sánchez comprometeu hai dous anos con Galicia".

"Falamos de descontos das peaxes da AP-9 que os galegos non podemos seguir esperando", sostivo Pontón, que subliñou que Sánchez "non fai esperar ao BNG, senón que está a facer esperar ás 22.000 persoas que cada día senten atracadas".

Ademais, reivindicou unha transición enerxética xusta e compromisos coas infraestruturas. "En definitiva, queremos que se acabe a discriminación con Galicia na que se alternan PSOE e PP", resolveu.

A líder do BNG, Ana Pontón, xunto aos integrantes do grupo parlamentario do Bloque. BNG
A líder do BNG, Ana Pontón, xunto aos integrantes do grupo parlamentario do Bloque. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta